A Xbox 360 podería contar con funcionalidades IPTV

luns, 12 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

O blogueiro Dave Zatz confirmou cos representantes de Microsoft nun dos expositores do CES de Las Vegas que o proxecto para achegar capacidades IPTV á Xbox 360 continúa en marcha (anunciárase hai 2 anos na mesma feira tecnolóxica por parte do propio Bill Gates) e xa está a probarse, aínda que para o seu lanzamento é preciso chegar a acordos con operadoras en distintos países, o que fará que o espallamento deste potencial servizo sexa lento, agardándose a súa estrea no mercado británico nunha data sen concretar.
Segundo parece, a interface televisiva coa que contará a plataforma televisiva para a Xbox 360 será a mesma que ten a aplicación Microsoft Mediaroom, aínda que é de agardar que adapte a súa estética ao Dashboard achegado coa Nova Experiencia Xbox.

PUBLICIDADE