A PlayStation 3 soportará películas en Blu-ray 3D a partir do 20 de setembro

xoves, 16 de setembro do 2010 Marcus Fernández

Co gallo do Tokyo Game Show, Sony anunciou durante a súa rolda de prensa que o firmware 3.50 para a PlayStation 3 estrearase o vindeiro día 20 e incluirá o soporte de película estereoscópicas en formato Blu-ray 3D.
Ata o momento a PS3 xa incorporaba a compatibilidade 3D para xogos coma MotorStorm 3D Rift, WipEout HD e SuperStardust HD, e no futuro tamén para Killzone 3 e MotorStorm Apocalypse, pero engadir a visualización de películas en 3D converte a PS3 nun complemento bastante interesante para o salón doméstico (sempre que contemos cun televisor compatible con esta tecnoloxía) e incluso resulta unha solución máis económica que a adquisición dos actuais reprodutores Blu-ray 3D que hai no mercado.

PUBLICIDADE