A PlayStation 3 aparece moi rebaixada en distintas tendas

xoves, 6 de agosto do 2009 Marcus Fernández

Os rumores sobre a rebaixa de prezo da PlayStation 3 de Sony foron desmentidas continuamente por Sony e pola realidade, pero agora esta última está a resistirse, e dá a impresión de que a PS3 reducirá de prezo de xeito inminente se atendemos a diversas ofertas que están a verse no mercado europeo, de xeito que en vez de a 399 euros, podemos atopar a PS3 con disco duro de 80 Gb a 329,95 euros na web da tenda de videoxogos Game, a 299 euros na tenda virtual española Alternate e a 249 euros na cadea italiana de tendas CHL (por ter un desconto do 35% ata o 31 de agosto).
Á vista desta diversidade de prezo non é de sorprender que agora se comente que o vindeiro 18 de agosto na GamesCom de Colonia os representantes de Sony anunciarán oficialmente unha rebaixa de 100 euros no prezo oficial da súa consola, o que a achegaría aos seus competidores, dos que a distancia actual é abismal (a Xbox 360 pode adquirirse a partir de 179 euros).

PUBLICIDADE