A PS3 adaptarase ás 3D o 10 de xuño

martes, 1 de xuño do 2010 Marcus Fernández

WipeOut HD será un dos xogos adaptados a 3D na PS3

A actualización para a PlayStation 3 que permitirá o uso de videoxogos en 3D (o soporte para películas 3D chegará máis adiante) anunciouse no Xapón para o vindeiro 10 de xuño, data na que tamén debería chegar esta actualización a Europa, e que estrearíase cos títulos Super Stardust HD, Pain e WipeOut HD, aínda que para gozar destes títulos é preciso contar de lentes especiais e un televisor compatible (entre os que hai varios modelos de Sony BRAVIA, de xeito que durante o verán é moi posible que vexamos distintas ofertas que liguen a adquisición destes televisores a consolas PS3).

PUBLICIDADE