A Comisión Europea pide á CMT que non adíe o abaratamento das tarifas de telefonía móbil

martes, 6 de marzo do 2012 Marcus Fernández

Promosta da CMT para a redución de prezos das tarifas de terminación de chamadas

A Comisión Europea tiña establecido que antes de rematar o ano debían aplicarse unhas tarifas de terminación móbil (a cantidade que pagan as compañías a outros operadores para facer chamadas aos seus clientes por cada chamada) acordes aos custos reais, o que no caso español eran moi superiores, de aí que esteamos nun dos países europeos coa telefonía máis cara; pero a Comisión do Mercado das Telecomunicacións optou por establecer un proceso gradual que comezará o mes que vén e que non rematará ata xaneiro de 2014 para cumprir con tal obxectivo para evitar desestabilizar o mercado móbil, o que non convence en Europa, de aí que piden á CMT que non pospoña o abaratamento das tarifas móbiles.
A Comisión Europa non comparte os argumentos da CMT, e considera que a proposta de tarifas do regulador español non se axusta aos principios e obxectivos da normativa sobre telecomunicacións da UE, chegando a declarar a vicepresidenta da Comisión Europea, Neelie Kroes, que “os consumidores españois non teñen por qué pagar máis da conta polas chamadas móbiles, sobre todo nun momento de dificultades para a economía nacional. O sector tivo xa 3 anos para adaptarse e non pode xustificarse outro ano de demora”.
Por desgraza para os consumidores españois o organismo europeo non pode obrigar a modificar a medida da CMT, senón que só pode realizar recomendacións.

PUBLICIDADE