A Aula CeMIT de Porto do Son comeza setembro con formación informática para todas as idades

mércores, 6 de setembro do 2023 S. P.

O Concello de Porto do son, a través da Aula CeMIT local (espazo de alfabetización e dinamización tecnolóxica pertencente á rede autonómica CeMIT) comeza setembro con máis actividades de formación para a veciñanza, centrada en universalizar o coñecemento da informática. O programa inclúe cursos adaptados á cativada e ás persoas adultas. No que respecta aos contidos, tocaranse cuestións como a mecanografía, a ofimática, Internet, o correo electrónico (usos, vantaxes, como empregalo) ou as xestións en liña (trámites coas administracións a través das novas ferramentas xestións relacionadas coa saúde, etc).
A veciñanza de Porto do Son pode solicitar máis información sobre estas actividades a través do número de teléfono 699 484 053.
Por certo que a Aula CeMIT de Porto do Son foi recentemente posta a punto con material disruptivo achegado dende a Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, material entre o que se atopan unha impresora 3D, kits de robótica, lentes de Realidade Virtual, drons ou placas de comunicación e programación.

PUBLICIDADE