O paso do ADSL de 3 a 6 Mbps retrásase a setembro

xoves, 31 de xullo do 2008 Marcus Fernández

A Comisión do Mercado de Telecomunicacións, trala petición Orange para que regule o proceso de migración do ADSL de 3 a 6 Mbps, aprobou unha resolución que garante que os operadores alternativos poidan replicar a oferta de ADSL de Telefónica aos seus usuarios, aínda que iso fará que o proceso non poda comezar o 1 de agosto, posto que Telefónica deberá comunicar con 45 días de antelación calquera proceso de migración masiva dos seus clientes.
Así, o aumento de velocidade do ADSL deberá agardar a medidos de setembro para comezar a aplicarse, nun proceso que se estima que durará entre 2 e 3 meses para chegar a todos os usuarios da operadora.
A CMT non obrigará a Telefónica a ofrecer a nova modalidade de ADSL a 6 Mbps en revenda, posto que actualmente xa existe unha modalidade de 8 Mbps/640 Kbps á que se poden acoller as operadoras alternativas, aínda que si impón a Telefónica a esixencia de ter que agardar a migrar os usuarios dunha central ata que os operadores estean listos para facer o propio cos seus clientes.

PUBLICIDADE