A alza do combustible abre novos vieiros para o traballo en Rede
martes, 10 de xuño do 2008
Teñen algunha relación a alza dos prezos dos combustibles e o incremento do emprego das novas tecnoloxÃas do coñecemento? Pode un factor influÃr no outro? Segundo certos estudos de analistas e de empresas vinculadas ó eido tecnolóxico, o primeiro está a afectar de xeito moi negativo ás economÃas pero, ó mesmo tempo, tamén lles dá azos ós novos vieiros de vida laboral que non impliquen para o/a traballador/a a necesidade de desprazarse e, polo tanto, crearlles gastos innecesarios ás compañÃas. Dito doutro xeito e para que se entenda: esta que vivimos ben poderÃa ser unha boa oportunidade para que o proceso produtivo mundial comece un novo rumbo, lonxe dun réxime de dependencia cos combustibles derivados do petróleo que xa raia coa escravitude. Resultado de todo isto? Aforramos custos, contaminamos menos e non perdemos nin tempo nin paciencia nas estradas.
A pregunta que nos podemos facer é: pódese aplicar a fórmula do teletraballo a todos os niveis? Evidentemente non. Hai tarefas que é preciso facer in situ, pero, tal e como se reflicte en investigacións da universidade de Maryland e da firma Rockbridge referentes a 2006, o 25% dos traballadores estarÃan en situación de levar a cabo a súa vida laboral valéndose do emprego das novas tecnoloxÃas. Isto que é aplicable a 2006, éo máis aÃnda a dÃa de hoxe, un intre no que a Internet ferve de servizos gratuÃtos encamiñados a favorecer a comunicación. A maiores, as condicións actuais son especialmente propicias se temos en conta a predisposición dos empresarios. Segundo Society of Human Resource, case a metade dos responsables das compañÃas dos Estados Unidas ofrecen xa opcións serias de traballo no fogar polo menos unha vez por semana (non deixa de ser curioso, polo tanto, que agora, co petróleo que non para de subir, se alente o que antes se censuraba: a vida laboral no eido doméstico e, máis ou menos, por libre).
Con todo, e malia os bos prognósticos, a cifra de persoas que finalmente vai estar en disposición de cruzar ó cen por cen a liña do dixital é aÃnda difÃcil de calcular. O que si se sabe é que en boa medida se incrementará e a todos os niveis e ó mesmo tempo que prácticas tan saudables como compartir o vehÃculo privado, empregar máis o transporte público e as bicicletas ou apostar por vehÃculos limpos (eléctricos, solares).
Na imaxe, traballando dende a casa, visto no caderno de Almost Lucid en Flickr.