Movistar estrea un servizo de descargas musicais ilimitadas por 6 euros/mes

martes, 23 de outubro do 2007 Marcus Fernández

Telefóncia estreou esta semana un novo servizo de descargas musicais para móbil e PC que se converte na primeira tarifa plana sen límite de descargas en España que custará só 6 euros ó mes.
Este novo produto convivirá co modelo de pago por descarga, pero sorprende polo seu prezo, que é o máis barato do mercado europeo. O novo servizo conta co catálogo de Sony BMG, Universal/Vale, Warner, EMI e distintos selos independentes, completando máis de 1 millóns de cancións que se poden descargar ilimitadamente.
O novo servizo pode contratarse a través do menú de Emoción de móbiles de Telefónica (podendo acceder ó mesmo tamén dende a web), e os temas descargados só funcionarán mentres a subscrición estea activa (funcionando coma un aluguer) o que tamén supón unha ferramenta para a loita contra á piratería.
Os temas poden descargarse no móbil en MP3 en calidades de 32 o 64 Kbps, mentres que para o PC tamén estará dispoñible unha versión en formato WMA a 128 Kbps, que poderán descargarse ata en 3 ordenadores (sendo preciso contar con conexión á Internet para a súa reprodución, xa que os sistema comprobará o estado de contratación do servizo cando se queiran reprodución as cancións descargadas).
Tampouco hai que esquecer que os 6 euros/mes só inclúe a adquisición dos temas para a súa descarga, ós que habería que sumar o custo da transferencia de datos dos temas ó móbil.

PUBLICIDADE