laSexta promociona as súas novas canles na TDT

luns, 25 de outubro do 2010 Marcus Fernández

Nos últimos meses non parecían querer cesar as informacións sobre novas canles de TDT, e finalmente laSexta amosou as súas cartas, de xeito que agora sabemos que a canle Q Digital non vai chegar a ser unha realidade nin que laSexta 2 sería finalmente laSexta HD, de xeito que a oferta de canles do grupo quedaría con laSexta (a actual canle de televisión), laSexta 2 (canle que comezou a operar hai pouco e que nutre boa parte dos seus contidos en redifusións de programas emitidos en laSexta), laSexta 3 (canle do que vén de afirmarse que estará orientado á ficción internacional) e laSexta HD (que presumiblemente incluirá a programación de laSexta, pero en alta definición, aínda que cunha calidade inferior á de Antena 3 HD ou Telecinco HD, por aplicar unha compresión do sinal bastante superior).
A compañía está a anunciar a súa ampliación de oferta televisiva baixo o lema de «elige tu Sexta», co que pretende chegar a un público máis amplo, grazas en boa medida a que dispón de licenzas para ter ata 4 canles de televisión a través da TDT, aínda que o público pode sentirse decepcionado ao comprobar que as novas canles non van contribuír a renovar a grella de programación televisiva ao limitarse a poñer refritos e repeticións.


Vídeo promocional no que dan a coñecer os novos canles de laSexta

PUBLICIDADE