iParchis, un novo éxito para iPhone e iPod Touch

mércores, 3 de marzo do 2010 Marcus Fernández

Nos pasados días SiiSApps estreou na App Store un xogo para iPhone inspirado no clásico xogo de mesa Parchís, que está dispoñible para a súa descarga tanto nunha limitada versión de balde coma nunha versión completa que pode adquirirse por 0,79 euros, e que segundo parece está a ser todo un éxito, posto que o volume de descargas de ambas versións está a medrar día a día, de xeito que entre o domingo e o luns estiveron preto de triplicarse as descargas.
O xogo permite participar nun modo multixogador en liña, competindo con usuarios de todo o mundo, aínda que tamén é posible xogar en local contra a máquina ou contra amigos e familiares, de xeito que sería algo así coma un Parchís de viaxe metido nun iPhone ou iPod Touch.

PUBLICIDADE