iGoogle disfrázase de videoxogo

xoves, 26 de marzo do 2009 Marcus Fernández

Co gallo da Game Developers Convention, a xente de Google presentou unha serie de temas para personalizar a web de iGoogle baseados en videoxogos coma The Legend of Zelda, Tomb Raider, Super Mario Bros, The Sims 3 ou World of Warcraft, o que serviría para reflectir mellor os gustos e intereses de moitos usuarios desta páxina web.
Entre os deseños que estrean non faltan os hadouken de Street Fighter, o icónico Mega Man ou o Guitar Hero, de xeito que case todos os xéneros de éxito teñen un curruncho na páxina a medida que permite deseñar Google para os seus usuarios.
Podemos botar un ollo aos novos temas no seguinte vídeo:

PUBLICIDADE