Zas inaugura a súa rede WiMAX
xoves, 12 de febreiro do 2009
Esta tarde
celebrouse no centro sociocultural de Zas a presentación
oficial da rede de conexión á Internet WiMAX estreada o pasado mércores
e que dará acceso á Internet de alta velocidade sen fÃos a veciños da vila,
comezando polas parroquias de Meanos e Gándara (nos seus respectivos centros
sociais, onde o accesos é de balde, aÃnda que tamén existirá unha opción de
pago dende o fogar dos interesados).
No acto de presentación desta primeira rede WiMAX da Costa da Morte
participaron o delegado da ConsellarÃa de Innovación e Industria, o
vicepresidente da Deputación de A Coruña, Pablo Villamar e o alcalde Manuel
MuÃño.
Esta nova rede de comunicacións contou cun orzamento
de 189.619 euros (achegados por Industria e a Deputación) e non é a
única iniciativa tecnolóxica a destacar en Zas, onde poden presumir da web Zasdixital.eu, desenvolvida por
Abertal, e que permite que os veciños poidan facer uso dos seus servizos, que
van dende
facer un comentario ao alcalde ata consultar o PXOM.