Youzee elimina a súa tarifa plana e inicia un ERE

luns, 3 de setembro do 2012 Marcus Fernández

As plataformas legais de vídeo baixo demanda a través da Internet parecen non rematar de despegar en España, e como consecuencia dixo temos que a prometedora Youzee, que abríase ao público en abril con 2 modalidades de acceso (subscrición a 6,99 euros/mes e aluguer por entre 1,99 e 4,99 euros a película) e co obxectivo de converterse no Netflix español, está a pasar por malos momentos, que os levaron a eliminar a súa tarifa de subscrición, de xeito que agora quedan só coa modalidade de aluguer en resposta ás perdas acumuladas pola compañía, que tamén vai reducir drasticamente o seu cadro de persoal (fálase da aplicación dun ERE que afectará a 37 dos seus 50 traballadores).
O fracaso da compañía parece ser consecuencia da pobreza do seu catálogo (os usuarios subscritos só podían acceder a 400 títulos) e a un cadro de persoal demasiado amplo para unha nova empresa. No tocante aos contidos, hai voces que culpan directamente ás produtoras e distribuidoras, que poñen atrancos aos servizos deste tipo, limitando os seus títulos dispoñibles e incluso entregando o material en cintas.
Temos agora que a plataforma deste tipo máis solvente en España sería Wuaki.tv, que vén de estrearse en tablets e Xbox 360, principalmente polo feito de que foi adquirida antes do verán pola xaponesa Rakuten e que actualmente presenta un catálogo semellante ao de Youzee, conservando o seu Plan Premium para acceder a parte dos seus contidos por 6,99 euros/mes (aínda que limitándose a 370 películas e 10 series de televisión).

PUBLICIDADE