YouTube xa se pode ver a través da PS3 e a Wii

venres, 16 de xaneiro do 2009 Marcus Fernández

Aproveitando que as consolas como a PlayStation 3 e a Wii poden conectarse tanto á Internet como ao televisor do salón, dende YouTube quixeron aproveitar estes dispositivos para mellorar a súa difusión, e así estrearon unha versión da súa web adaptada para os mesmos, que aínda que está en probas, permite que os usuarios das mencionadas consolas poidan ver os contidos do portal de vídeos de Google (incluso a pantalla completa) con só visitar o enderezo www.youtube.com/tv dende o seu navegador web.
A nova web achega así os contidos de YouTube ao televisor do salón, polo que presenta unha navegación simplificada e uns textos a un tamaño maior, para facer que a reprodución de vídeos de YouTube no televisor sexa o máis intuitivo posible. Tamén conta coa opción de auto-play para permitir que os vídeos relacionados se vexan secuencialmente (emulando a experiencia da televisión tradicional). Polo momento esta nova web só está internacionalizada para 22 países e 12 linguas (entre as que figuran tanto o español coma España).


Demostración do funcionamento de YouTube nunha PS3

PUBLICIDADE