YouTube ofrecerá repasos das xornadas de fútbol en España
venres, 14 de setembro do 2012
Na Rede continúan a gañar peso o audiovisual, e no caso
español teñen moito peso os contidos relativos ao fútbol, de aà que dende
YouTube chegasen a un acordo con Mediapro para ofrecer
durante as vindeiras 3 tempadas o contido que se xera ao redor dos partidos de
fútbol da Liga BBVA, de Segunda División e da Copa do Rei a través da canle oficial de La Liga.
Cada semana, media hora despois do final do último encontro da xornada de Liga
BBVA e Segunda División os seareiros do fútbol poderán accede en YouTube a
numerosos contidos entre os que figurarÃan os goles da xornada, as mellores
xogadas de cada partido, as roldas de prensa posteriores aos encontros, as
declaracións de xogadores e adestradores, resumes dos partidos (dende 10 vÃdeos
da Liga BBVA, 5 da Copa do Rei e 3 de Segunda División) e reportaxes de
programas como Goal Zap, Planeta Axel, La Liga Show, Limited Edition,
Directo Gol, Liga World e Special Reports.
Deste xeito, YouTube convértese na plataforma en liña máis completa para
repasar as xornadas futbolÃsticas en España.