YouTube estrea canles de pagamento
xoves, 9 de maio do 2013
YouTube
está a ampliar o seu programa de partners
e agora, en vez de limitarse a darlle flexibilidade á hora de deseñar as súas
canles de vÃdeo e permitirlles ser partÃcipes dos beneficios acadados a través
do servizo de vÃdeo de Google, inician hoxe un programa piloto cun reducido
grupos de socios aos que se lle permite facer de
pagamento as súas canles en YouTube mediante cotas de subscrición que
parten de 0,99 dólares/mes e que actualmente conta coa posibilidade de probarse
durante 14 dÃas. Os subscritores poderán ver os contidos no ordenador, no
tablet, no móbil e no televisor, o que supón unha interesante solución tanto
para espectadores como para as propias canles de televisión de pagamento, que
atopan en YouTube unha plataforma de distribución moi completa.
O novo servizo preséntase cunha grande diversidade de prezos entre as distintas
canles, sendo tamén sensible á discriminación xeográfica (entendemos que para
respectar acordos internacionais de distribución). Ata o momento temos
dispoñibles 53 canles
de pagamento (das que 29 están dispoñibles dende España) e agardan ampliar
este catálogo nas vindeiras semanas, ofrecendo aos creadores de contidos un
novo xeito de fornecer as súas comunidades de seareiros e facer rendibles os
seus produtos audiovisuais.