YouTube estivo inaccesible durante máis dunha hora

luns, 25 de febreiro do 2008

Este domingo pola tarde moitos usuarios atoparon como webs coma YouTube estaban totalmente inaccesibles durante máis dunha hora, o que parecía un importante fallo do servizo pero que realmente foi un fallo da propia Internet, posto que a operadora Pakistan Telekom ocupou accidentalmente o espazo de enderezos IP que ocupaban os servidores de YouTube, de xeito que deixaron a tales máquinas inaccesibles en todo o mundo, o que deixa en evidencia a inseguridade do sistema IPv4, aínda que nesta ocasión quedou claro que tratou por un quebrantamento das normas por parte dunha operadora de telecomunicacións.

PUBLICIDADE