Yoda e Darth Vader aparecerán en Soul Calibur IV

xoves, 10 de xaneiro do 2008 Marcus Fernández

A saga de videoxogos Soul Calibur ten incluído loitadores convidados coma o personaxe de cómic Spawn ou o protagonista de Legend of Zelda, Link, pero as consolas de alta definición recibirán unha agradable sorpresa con Soul Calibur IV, pois Namco Bandai decidiu que incorporará personaxes de Star Wars.
Deste xeito, os xogadores que resultaron defraudados polo nefasto Masters of Teräs Käsi para PlayStation poderán agora resarcirse, pois a versión para Xbox 360 do novo Soul Calibur permitirá manexar ó mestre jedi Yoda, mentres que na PS3 se poderá facer o propio con Darth Vader. Segundo parece o reparto de personaxes nas distintas consolas se fixo con criterios cromáticos (a Xbox 360 é verde e a PS3, negra).
Dende 1UP comentan que non sería sorprendente que outros personaxes de Star Wars coma Luke Skywalker ou Darth Maul se puidesen descargar previo pago, para saciar as ansias dos seguidores da saga galáctica de George Lucas, posto que aínda non saíu un digno xogo de loita que nos permita tomar o control dos nosos jedis e señores de Sith favoritos.
No trailer de Soul Calibur IV podemos ver un adianto de cómo será a presenza de Darth Vader e Yoda:

PUBLICIDADE