Yahoo! permitirá compartir as listaxes de páxinas web favoritas

xoves, 26 de outubro do 2006

A organización de páxinas web favoritas se pode realizar tanto no propio navegador dos usuarios coma en servizos na Internet (que permite espallar os contidos máis aló dun único PC), e Yahoo! está a probar un novo sistema baseado na súa barra de ferramentas que permitiría ós seus usuarios engadir as súas páxinas preferidas cun único click do rato.
Ademais, a nova versión permitirá compartir os enderezos das webs favoritas a través do servizo Yahoo! Bookmarks, que sería unha especie de almacén en liña que permite unha boa organización das mesmas en cartafoles e mediante etiquetas. Así, os usuarios poden remitir por correo electrónico ou por mensaxería instantánea a autorización para acceder ás ligazóns favoritas dun usuario, o que pode animar a moitos internautas a organizar na Rede a listaxe das webs que frecuentan.

PUBLICIDADE