Xuventude Galicia Net volve a Silleda a vindeira fin de semana
martes, 6 de setembro do 2016
Do 9 ao 11 de setembro celebrarase
no recinto Feira Internacional de
Galicia ABANCA unha nova edición de Xuventude
Galicia Net, LAN party que
congregará competicións de videoxogos terán
un papel protagonista e repartirán premios valorados en máis de 6.000 euros. Entre
elas destacarán os torneos oficiais, os cales contarán con premios de maior
relevancia e serán cinco, centrados nos populares videoxogos League of Legends, Hearthstone, FIFA 2016, Counter Strike: Global Offensive e Rocket League, sendo este último unha
nova incorporación. A estes torneos oficiais engadiranse, tamén como novidade, tres
non oficiais, dos videoxogos Overwatch,
Heroes of Storm e DOTA 2.
As restantes competicións
da festa informática serán propostas diversas, tales como a de Seguridade, na
que os participantes poderán poñer a proba todos os seus coñecementos rompendo
a seguridade dun sistema, a de preguntas e respostas sobre informática e
videoxogos ou unha xincana.
Neste programa de
competicións soamente poderán participar os inscritos na zona Intranet da party, os cales desfrutarán nesta área
dun posto de altas prestacións para o seu equipo informático e terán dereito a
acampar no pavillón.
Aos torneos súmanse
moitas outras actividades, as cales estarán orientadas tanto aos inscritos como
a todo tipo de público que acuda ao recinto, polo que se celebrarán na
Extranet, é dicir, na zona de acceso libre da party.
Entre outras zonas,
haberá unha de ordenadores e unha de consolas de última xeración, canchas de
fútbol, baloncesto e tenis, un campo de paintball
e unha pista de karting, zona Nerf
(nela os asistentes poderán competir nun
campo con obstáculos con diferentes armas de combate, como pistolas nerf ou
armas de gomaespuma), zona Radiocontrol (orientada a xogos con coches
teledirixidos), zona Drone (un circuÃto onde os asistentes utilizarán
minidrones para superar obstáculos) e tamén área de xogos con futbolÃns,
pimpón, air hockey, frisbie, xadrez e tiro con arco de ventosa. A elas
sumaranse, entre outras actividades, exhibicións de tiro con arco olÃmpico,
talleres de maquillaxe zombie, snookball (billar xigante no que se empregan
pelotas de fútbol en lugar de bolas de billar), o (lan) piadas (parodia das
olimpÃadas con probas como petanca informática ou lanzamento de DVD),
exposicións de artigos friki e de esculturas de súper heroes ou actividades
relacionadas con Star Wars e a visita de personaxes desta saga da man da
asociación Tropa Korriban.
As conferencias tamén
formarán parte das actividades da nova edición de Xuventude Galicia Net,
centrándose en temas como os e-sports, a creación de videoxogos e o
radiocontrol.