Xplora TV desaparece tamén da Internet

xoves, 19 de xuño do 2014 Marcus Fernández

O mes pasado a canle de Atresmedia Xplora abandonaba a grella da TDT dun xeito bastante curioso, xa que o seu grupo de comunicación presumía de non abandonar aos seus espectadores ao continuar a ofrecerlles a programación a través da Internet, onde teñen a plataforma de vídeo en liña ATRESPLAYER, pero esta xogada finalmente queda nun mero espellismo, e agora anuncian que Xploratv.com cesará as súas emisións en liña agradecendo á audiencia a súa fidelidade.
Varios dos contidos que até o momento pertencían á programación de Xplora poderán rematar encaixando noutras canles do grupo mediático, á vez que unha parte dos mesmos tamén seguirán estando dispoñibles na sección de documentas de ATRESPLAYER, pero deixando de conformar unha oferta unificada, o que pode entenderse como que o concepto de canle televisiva carece de toda lóxica no contorno dixital onde os contidos están dispoñibles baixo demanda e non escravos dunha programación temporal.

PUBLICIDADE