Xornadas sobre o xornalismo na rede en Fene

mércores, 23 de marzo do 2011 Marcus Fernández

Tríptico das xornadas

Entre os días 28 e 31 de marzo a Casa da Cultura de Fene acubillará as Xornadas sobre Información Institucional Local Dixital e xornalismo na rede. A comunicación total, organizada polo Club de Prensa de Ferrol e patrocinada pola Federación Galega de Municipios e Provincias) e o Concello de Fene. As xornadas están orientadas a xornalista en xeral, gabinetes de prensa de concellos, empresas, organismos públicos ou privados, entidades sociais, políticos ou empresarios, e inaugurarase o vindeiro luns ás 18:00 horas coa participación de Xan Morales, presidente do Club de Prensa de Ferrol, Carlos Fernández, presidente da FEGAMP, e Iván Puentes, alcalde de Fene.
O programa destas xornadas é o seguinte:

Luns 28 de marzo de 2011

- 18.30 horas:
Carlos Agulló. Subdirector de La Voz de Galicia. Delegado de La Voz de Galicia en Ferrol.
«As edicións dixitais locais nun xornal autonómico de proxección nacional».
- 19.30 horas:
Diego Pena Luaces. Concello de Lugo-Deputación de Lugo.
«Proxecto PARNET-TIC» configúrase como un proxecto de servizos dixitais no medio rural. Este proxecto intégrase no programa de Cooperación Territorial Espazo Sudoeste 2007-2013 da Unión Europea. Con este proxecto prevese constituír unha Rede de Territorios Rurais para o acceso á Sociedade da Información, que serva para o intercambio de información e coñecemento.

Martes 29 de marzo de 2011
- 17.30 horas:
Oscar Reboiras Loureiro. Xornalista do Departamento de Comunicación de R.
«As redes sociais e os blogs na comunicación local».
- 18.30 horas:
Gabino Porto. Si radio.net.
«A radio corporativa dixital. A rede de radios locais na comarca de O Condado en Pontevedra».
- 19.30 horas:
Manuel Barre iro. Experto en contidos na rede.
«A xestión de contidos na rede».

Mércores 30 de marzo de 2011
- 18.00 horas:
Xurxo Salgado. Director de Galiciaconfidencial.com
«A experiencia de Galiciaconfidencial.com. O pulso ao xornalismo na rede en Galicia».
- 19.00 horas:
José Luis Gómez. Director de Xornal.com/Xornal de Galicia.
«O fenómeno Xornal.com e xornal municipal, un espazo on line reservado para a información local».

A inscrición ao evento é de balde, e pode realizarse vía web.

PUBLICIDADE