Xornadas sobre o libro electrónico na Universidade da Coruña

venres, 3 de setembro do 2010 Marcus Fernández

A Facultade de Ciencias da Educación da Universidade de A Coruña acollerá entre os días 25 e 26 de outubro as xornadas O libro electrónico: presente e futuro na biblioteca e no ensino, nas que repasarán a historia dos e-books, a súa situación actual, os formatos de edición, a distribución e a súa problemática con respecto á propiedade intelectual, o seu uso nas bibliotecas, as súas posibilidades en redes sociais, o seu empréstamo e a súa utilización en distintos graos de ensino.
As xornadas pretenden ofrecer a docentes e alumnado unha visión da situación actual do libro electrónico e da súa aplicación no ensino, abrir unha vía para a integración do e-book nas distintas etapas do ensino galego, dar a coñecer a fase na que se atopan as Bibliotecas Universitarias polo que respecta á integración nas súas coleccións e servizos do libro electrónico e familiarizar aos asistentes co libro electrónico, os seus formatos e lectores accesibles no mercado actual.
O programa do evento sería o que segue:

Luns, 25 de outubro

1. O libro electrónico

9.00-9.30 h: Recollida da documentación. Presentación e inicio das Xornadas.

9.30-10.30 h: Historia, situación actual. Formatos de edición (PDF e EPUB). Lectores (Kindle, Papyre, iPad...). Distribución.
Tati Mancebo, directora de Algueirada, xestión cultural e novas tecnoloxías, creadora e xestora de Blogaliza.

10.30-11.30 h: O libro electrónico en Galiza.
Camilo Franco, escritor e correspondente Cultural de La Voz de Galicia

11.30-12.00 h : descanso.

12.00-13.00 h: Propiedade intelectual: implicacións, tendencias e cambios no libro electrónico.
Manuel Bragado, director de Edicións Xerais

13.00-14.00 h: Presentación de comunicacións.

2. O libro electrónico nas bibliotecas

16.00-17.15 h: Dixitalización de libros. Bibliotecas dixitais. Proxecto de dixitalización da Biblioteca da Universidad Complutense de Madrid con Google.
José Antonio Magán Walls, director da Biblioteca da Universidade Complutense de Madrid

17.15-17.45 h: descanso

17.45-18.45 h: Panorama actual do libro electrónico nas Bibliotecas. Libro electrónico e redes sociais. Incorporación na biblioteca universitaria. Préstamo de e-books.
Catuxa Seoane, responsable da planificación e xestión de Tecnoloxías Emerxentes no Sistema de Bibliotecas Municipais de Galicia.

19.00-21.00 h: Obradoiro de edición electrónica*. A cargo da plataforma Meubook.

Martes, 26 de outubro

3. Libro electrónico no ensino

9.00-10.30 h: O libro electrónico na Universidade: Uso e apreciacións que teñen as/os estudantes do libro electrónico.

Proxecto piloto na Universitat Oberta de Catalunya (UOC).

Territorio E-book.
Javier No, profesor de Tecnoloxía da Información na Facultade de Comunicación da Universidade Pontificia de Salamanca e coordina o laboratorio Orión.

10.30-11.00 h: descanso

11.00-13.00 h: Experiencias no ensino dende o mundo editorial:

i. O libro electrónico na Universidade: Antonio Quirós, director de Luarna.

ii. O libro electrónico científico técnico no mercado español:
Swets.

13.00-14.00 h: Presentación de comunicacións e sorteo de e-readers.

16.00-17.00 h: O libro electrónico e o ensino secundario.
Relator por confirmar.

17.00-17.30 h: Visita guiada aos stands, con posibilidade de probas nos e-readers e plataformas.

17.30-18.00 h: descanso

18.00-20.00 h: Mesa redonda moderada por Patrica Digón: Tati Mancebo, Antonio Quirós, Javier No, Catuxa Seoane e Manolo Bragado.

PUBLICIDADE