Xbox con Gold completa a triloxía de Assassin’s Creed Chronicles

mércores, 30 de maio do 2018 Marcus Fernández

Microsoft anunciou os Xogos con Gold que recibirán os subscritores de pagamento de Xbox Live no mes de xuño, iniciando por un título bastante agardado, Assassin’s Creed Chronicles: Russia, título para Xbox One que pecha unha triloxía da que recibíranse as anteriores entregas a través deste programa en setembro de 2016 e en febreiro de 2018. O outro xogo de Xbox One en xuño será SMITE: Gold Bundle, que estará dispoñible a partires do 16 de xuño que consiste nun xogo MOBA free-to-play xunto con contidos adicionais por valor de 99,99 dólares.
Os xogos de Xbox 360 (retrocompatibles con Xbox One) que chegarán en xuño serán Sonic & All-Stars Racing Transformed, divertido xogo de carreiras protagonizado por 20 personaxes de SEGA con cadanseu vehículo transformable, e LEGO Indiana Jones 2, título para toda a familia que permite explorar niveis dos catro filmes de Indiana Jones e incluso crear os nosos propios niveis.

LEGO Indiana Jones 2 é un xogo para Xbox 360 apto para toda a familia, no que faise un repaso dos filmes do aventureiro encarnado por Harrison Ford

PUBLICIDADE