Xa se pode votar polas mellores achegas de software libre en PortalProgramas.com

mércores, 17 de novembro do 2010 Fernando Sarasketa

PortalProgramas.com, plataforma de descarga de software, está a presentar a segunda edición dos premios que levan o seu nome, uns galardóns dirixidos a atopar as mellores ferramentas libres e fomentar, ao mesmo tempo, o desenvolvemento das mesmas e de outras novas coa axuda de máis de 1.000 euros en doazóns. Esta segunda convocatoria do certame vén cunha serie de novidades, entre outras o incremento da contía dos cartos que se van destinar a apoios para a programación, que practicamente duplica á do ano pasado. Asemade, informa o equipo responsable de Portalprogramas.com, nesta edición 2010 estase a traballar para dar a máxima participación aos usuarios no certame, que foi obxecto dunha ampliación no número de categorías.
Na primeira fase puidemos rexistrar unha alta implicación dos usuarios nomeando os proxectos que máis lles interesaban, e dende hoxe xa se pode dar comezo ás votacións”, sinalan. En total, hai 66 proxectos de software libre, algúns ben coñecidos como OpenOffice ou eMule, e outros menos populares dos que non se tiña constancia pero con “funcionalidades realmente incribles”, informan dende o portal.

PUBLICIDADE