Xa se coñecen os detalles da tenda de vÃdeos para Xbox 360
martes, 7 de novembro do 2006
Os rumores de que Microsoft poderÃa comezar a comercializar series de televisión e pelÃculas en alta definición para a Xbox 360 finalmente se confirmaron, de xeito que a compañÃa de Bill Gates case é pioneira neste sector, xa que aproveita as caracterÃsticas de alta definición para achegar contidos ós fogares antes de que se fagan con unidades ópticas de lectura de alta definición (HD DVD ou Blu-ray) gardando os contidos adquiridos no disco duro na única consola de nova xeración que está no mercado polo momento.
O novo servizo chámase Xbox Live Video, e permite mercar contidos de canles
como CBS, MTV, Comedy Central, VH1, Turner e UFC, mentres que as pelÃculas que comercializan corresponden a compañÃas como a Warner Bros ou a Paramount.
Xa se coñecen novos detalles deste revolucionario servizo, como que as pelÃculas só se pode mercar e os programas de televisión só se poden alugar, que venden contidos tanto en alta definición coma en definición estándar; que os programas mercados pódense descargar un número indefinido de veces (polo que se poden borrar para facer sitio a máis contidos sen perder a compra); o aluguer dura 24 horas e non limita o número de visionados; os contidos de alta definición serán de 720 liñas en progresivo (fronte ás 480 entrelazadas do formato estándar NTSC) o que poderÃa considerarse a resolución máis realista a dÃa de hoxe e os vÃdeos en alta definición están en formato VC-1 a 6,8 Mbps e con son envolvente 5.1.