Xa podemos votar no quinto certame dos premios ao mellor software libre de PortalProgramas
luns, 18 de novembro do 2013
A comunidade de
Portalprogramas.com vén de informar da posta en marcha da fase de
votacións da quinta edición dos
seus premios ao mellor software libre de 2013, uns galardóns
dirixidos a atopar as mellores ferramentas abertas e fomentar, ao
mesmo tempo, o desenvolvemento das mesmas e de outras novas (cunha
serie de doazóns a ter moi en conta). Esta fase durará até o 16 de
decembro de 2013, e calquera usuario poderá votar polo seu software
preferido por cada categoría dos premios. “Agora”, sinalan os
responsábeis do portal e do certame, “é o intre dos internautas e
usuarios para valorar cal destes recursos cren que foi o mellor do
ano para cada unha das categorías”.
Os Premios
Portalprogramas ao mellor software libre é unha iniciativa que
vén da man da dita comunidade e que se convocan de forma anual para
valorar o traballo dos desenvolvedores que basean os seus proxectos
na filosofía do software libre. Ademais, prémiase tamén ao mellor
blog de difusión sobre programación aberta cunha doazón en
metálico de 300 euros.