Xa pode reservarse a edición para coleccionistas de Skyrim

luns, 8 de agosto do 2011 Marcus Fernández

O 11 de novembro chegará ás tendas de videoxogos o agardado The Elder Scrolls V: Skyrim, un impresionante xogo de Bethesda que para satisfacer aos seareiros desta saga de xogos de rol nacida en 1994 vai contar cunha edición para coleccionistas de auténtico luxo, que por 149,99 euros incluirá unha espectacular estatua de 30 centímetros de alto do dragón Alduin, o devorador de mundos, o libro The Art of Skyrim con 200 páxinas de ilustracións a toda cor con prólogo de Todd Howard (director do xogo) e un DVD co making off do xogo.
Dende Bethesda recomendan reservar xa esta edición especial no caso de estarmos intersados en facernos coa mesma, pois será unha edición moi limitada.

PUBLICIDADE