Xa están en Internet as Xornadas de Software libre do Porriño
venres, 5 de xaneiro do 2007
As Xornadas
Galego-lusófonas de Software Libre que tiveron lugar no Porriño dende o 30 de
novembro ó 3 de decembro xa
se poden ver na Rede.
Nos
coloquios, organizados pola Asociación de Usuarios de GNIX (AGNIX) e o Concello
porriñés, participaron expertos dos diferentes eidos do software libre de
Galicia, Brasil e Portugal.
Agora que
están na Internet póñense á disposición de calquera usuario mais, iso si, non
se poden descargar directamente, senón que para velos é preciso empregar un
reprodutor que admita arquivos en Quicktime. Dende mancomun.org recomendan
empregar o VLC.