Xa está nas tendas SingStar Guitar

luns, 22 de novembro do 2010 Marcus Fernández

SingStar Guitar puido probarse na pasada edición do Gamefest

A evolución da franquía SingStar chega por fin ás tendas españolas, onde xa pode atoparse o xogo SingStar Guitar, que inclúe 30 grandes temas entre españois e internacionais con moito ritmo e solos de guitarra, pois neste título a mera experiencia de cantar pode complementarse coa guitarra coma se estivésemos ante un Guitar Hero ou un Rock Band, pero contando co catálogo musical deste título que incorpora inicialmente temas de Barricada, Sidonie, U2 ou Estopa, á vez que na tenda de descargas para o xogo vanse incorporando cada vez máis temas adaptados para o seu uso con guitarra (ou para PlayStation Move, no caso do xogo SingStar Dance).
SingStar Guitar destaca por incorporar bastantes temas roqueiros en español, o que normalmente é unha grande carencia dos seus competidores máis directos, e ao ter un catálogo ampliable mediante descargas de pagamento, tal experiencia pode manterse no tempo.

O clásico Chica de ayer de Nacha Pop pode agora tocarse e cantarse no SingStar Guitar

O prezo estimado de SingStar Guitar é de 29,99 euros, aínda que tamén será posible mercalo por 69,99 euros con 2 micrófonos sen fíos. O título é compatible coa meirande parte das guitarras de PS3 dispoñibles no mercado, e o seu repertorio inicial en España é o seguinte:

- Ariel Rot - Dos de Corazones
- Barricada - En blanco y negro
- Despistaos - Cada dos minutos
- Duncan Dhu - En algún lugar
- El canto del loco- La suerte de mi vida
- Estopa - Malabares
- Blur - Song 2
- Héroes del Silencio- Avalancha
- Hombres G - Suéltate el pelo
- Joaquín Sabina - La del pirata cojo
- La Fuga - No solo respirar
- Los Rodríguez - Milonga del marinero y el capitán
- Los Secretos - Déjame (Versión homenaje a E.Urquijo)
- Nacha Pop - Chica de ayer
- Pereza - Niña de papa-
- Platero y tú - Alucinante

Tamén temas actuais coma El Incendio de Sidonie estarán incluídas no xogo


- Sidonie - El incendio
- Kaiser Chiefs - I Predict A Riot
- Fito y Fitipaldis - Antes de que cuente diez
- Christina y Los Subterráneos- Voy en un coche
- Marea - Petenera
- Los Piratas - Mi matadero clandestino
- Muse - Supermassive Black Hole
- Dover - DJ
- Sober - Diez años
- Queen & David Bowie- Under Pressure
- The Clash - Rock The Casbash
- The Cult - She Sells Sancturay
- U2 - Beautiful Day
- VampireWeekends - A-punk

PUBLICIDADE