Xa está nas tendas Dragon Ball Origins 2

venres, 2 de xullo do 2010 Marcus Fernández

Tras o éxito de Dragon Ball Origins para Nintendo DS, as aventuras de As Bolas Máxicas recuperando a figura de Son Goku cando era cativo, chega agora unha secuela na que o pequeno que tantos seguidores sumara nas súas emisións nas tardes da TVG terá que enfrontarse ao Exército do Xeneral Red.
Dragon Ball Origins 2 xa está dispoñible nas tendas españolas en exclusiva para Nintendo DS, e permitirá lembrar moitos dos enfrontamentos clásicos da serie de televisión, así coma controlar a 5 personaxes entre os que está a nena robot Arale (quen tamén tivera unha serie de seu emitida pola Galega) para satisfacción dos seareiros da obra de Akira Toriyama.
Este novo xogo impresiona polos seus gráficos 3D, que logran plasmar con fidelidade o estilo visual da serie de televisión orixinal, mellora o seu control con respecto da anterior entrega e incluso conta cun modo multi-xogador cooperativo.


Vídeo promocional do novo xogo para Nintendo DS

PUBLICIDADE