Xa está na Rede todo o relativo á nova edición do xogo de rol Irmandiños: A Revolta

luns, 27 de agosto do 2007 Fernando Sarasketa

Xa está na Internet toda a información concernente á segunda edición do xogo de rol Irmandiños: A Revolta, que desenvolve Vicepresidencia con 13Negativo en labores de guión e dirección. A actividade vai encamiñada a recrear de xeito divertido os erguementos populares contra a nobreza que se desenvolveron no século XV na nosa terra e, segundo informa o dito departamento da Xunta, representa un claro exemplo de paso adiante sobre unha feitura de paso cara ó pasado. É dicir: que achegármonos á historia “sen complexos” é un xeito de progreso.
O xogo, un dos máis importantes de todo o Estado español en participación e obxectivos, apóiase en boa medida nos recursos que achega á Rede, concretamente a través de tres páxinas onde os interesados en formar parte da Revolta poderán poñerse ó día sobre cómo facelo: www.irmandinhos.com, www.13negativo.com, ou www.xuventude.net. Asemade, a organización inclúe foros en liña co obxectivo de resolver as posibles dúbidas dos participantes e atender ás súas suxestións.

PUBLICIDADE