Xa está á venda Injustice: Gods Among Us

venres, 19 de abril do 2013 Marcus Fernández

Hoxe chega ás tendas de videoxogos españolas Injustice: Gods Among Us, un xogo de loita de NetherRealm Studios, creadores de Mortal Kombat, que amosa versión alternativas dos personaxes de DC Comics como Superman, Batman, Wonder Woman, Catwoman, Green Lantern, Joker, Cyborg, Flash e moitos outros, que librarán épicos combates a través dunha orixinal historia na que a barreira entre o ben e o mal é moi difusa.

Numerosos personaxes de DC daranse cita en Injustice

Este xogo para Xbox 360, PlayStation 3 e Wii U consegue amosar uns combates espectaculares, con numerosos ataques especiais nos que o contorno xoga un importante papel, conseguindo que ofreza algo máis que unha chea de combates tras outros.
Para os que queiran competir neste xogo e poder gañar premios no camiño, o vindeiro luns abrirase a inscrición na páxina web de IGN España para un campionato que celebrarase o vindeiro día 27 nos cines Dreams Palacio de Hielo de Madrid, no que preto de 400 participantes poderán competir para facerse cunha viaxe a Chicago e unha consola PS Vita.


Trailer do xogo


Secuencia na que podemos ver como sería un combate entre Batman e Supermen en Injustice

PUBLICIDADE