Xa á venda Asura’s Wrath

venres, 24 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

As tendas de videoxogos españolas reciben hoxe a última obra dos estudos CyberConnect 2, Asura’s Wrath, un videoxogo distribuído por Capcom nas súas versións para Xbox 360 e PlayStation 3 que para moitos será unha especie de película de animación xaponesa interactiva subtitulada en español, que parte dun prezo de 59,99 euros e que está a ter unha recepción moi heteroxénea (parece só agradar aos afeccionados ao anime).
Asura’s Wrath é un xogo de acción que combina intensos combates cun desenvolvemento narrativo controlado polo xogador, no que pode controlarse ao protagonista, Asura, incluso durante secuencias cinemáticas, dando lugar a unha experiencia de xogo diferente. O protagonista deberá enfrontarse a inimigos moi diferentes, entre os que figuran xefes finais de talle planetario. A súa estruturara narrativa é moi semellante ás series de televisión xaponesas, o que agradecerán especialmente os amantes do xénero, que atoparán en Asura’s Wrath unha experiencia única, aínda que a carencia de dobraxe ao español poida xogar un papel na súa contra.

No xogo haberá que enfrontarse a enormes xefes finais
O xogo está repleto de violentos combates nos que poderá desatarse a ira de Asura

PUBLICIDADE