Windows 7 permitirá as conexións Wi-Fi virtuais

luns, 18 de maio do 2009 Marcus Fernández

O Windows 7 vai contar con prestacións que aínda non están presentes no Windows 7 RC, e entre as ausencias desta última versión de proba estaría unha importante innovación: a tecnoloxía VirtualWiFi, que leva bastantes anos en desenvolvemento e, de contar con controladores para Windows axeitado permitiría a creación dun número limitado de accesos Wi-Fi nunha rede sen fíos, o que podería empregarse para distintas finalidades coma facer de ponte entre dúas redes distintas (ou para que cada ordenador nunha rede Wi-Fi faga de repetidor da rede) ou permitir conectarse a varias redes Wi-Fi á vez, etc.
O potencial desta tecnoloxía é inmenso, pero podería ser que a versión do software que se inclúa con Windows 7 inclúa certas limitacións, coma permitir só unha conexión Wi-Fi virtual, velando así pola calidade de servizo.

PUBLICIDADE