Wikio, o Chuza! francés, recibe catro millóns de euros de capital risco

mércores, 24 de xaneiro do 2007

O Chuza! francés, de nome Wikio (tamén ten versión española), semella que vén de converterse nun imán de cartos, e non precisamente de catro patacóns. Polo menos, desa índole de cartos que veñen anunciados de xeito escasamente discreto (xa o saben nos medios) e acompañados de moitas cifras: os dos investidores de capital risco. En total, son 4 millóns de euros os que vén de recibir Wikio da man da sociedade Lightsepped e Gemini. Segundo se apunta na Internet, o Chuza! francés non opera exactamente igual ca o “noso” servizo non xerárquico de novas, xa que o conta cun sistema que publica novas de xeito automático sen que actúe a man dos internautas e ficando a rede social de usuarios que xira arredor deste servizo nunha especie de segundo plano.

PUBLICIDADE