Walmart permitirá levar as pelÃculas en DVD e Blu-ray á nube
mércores, 14 de marzo do 2012
A
colaboración entre a cadea norteamericana Walmart e a plataforma de vÃdeo baixo
demanda VUDU sorprende cun novo
servizo chamado Disc to Digital,
que consiste en que os consumidores poidan levar as súas pelÃculas en DVD ou
Blu-ray ás seccións de revelado fotográfico dalgún dos establecementos de
Walmart para a súa conversión en pelÃculas en liña que poidan verse dende numerosos dispositivos conectados
(televisores, tablets, smartphones,
consolas de videoxogos...) en calquera momento e lugar, para o que haberá que pagar
2 dólares por acceder aos vÃdeos en calidade estándar e 5 dólares pola súa
versión en alta definición.
Para ofrecer este servizo chegaron a un acordo cos principais estudos de
Hollywood (Paramount, Sony, 20th Century Fox, Universal e Warner) e
supón un xeito de incrementar o valor de posuÃr pelÃculas en soporte fÃsico (que
non estará rifado coa comodidade do vÃdeo na nube). Botará a andar o 16 de
abril en máis de 3.500 tendas de Walmart.
Con esta solución realmente non se carga na Rede copias das pelÃculas que leve
en soporte fÃsico o consumidor, senón que se autorizará o seu acceso a unha
versión das mesmas en VUDU, o que supón un importante aforro (o prezo normal de
compra de novidades é de 14,99 dólares para calidade estándar e de 19,99
dólares para alta definición), polo que estamos ante unha solución que poderÃa
convencer a moitos consumidores.
VÃdeo promocional do novo servizo de Walmart e VUDU