Volve a operar a PlayStation Store

xoves, 2 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O clásico Space Ace é un dos xogos que xa está dispoñible na PlayStation Store

Esta mañá restaurouse finalmente a PlayStation Store tras uns 42 días fóra de servizo, de xeito que agora os usuarios de PlayStation 3 e PSP xa non só poden xogar en liña, senón tamén adquirir xogos e contidos descargables, o que levou ao lanzamento da primeira Mega actualización da PlayStation Store para pór ao día o seu catálogo. Amais, tamén amplían o prazo das súas ofertas de primavera (que estarán dispoñibles ata o 8 de xuño).
Entre so xogos completos que se poden adquirir agora na PlayStation Store para PS3 estarían Armagedon Riders (9,99 euros), Under Siegue (14,99 euros), Space Ace (9,99 euros), Streets of Rage 2 (4,99 euros), Puzzle Agent (9,99 euros) e EA SPORTS MMA (29,99 euros) e para PSP teriamos Gladiator Begins (29,99 euros) e Guilty Gear XX Accent Core Plus (29,99 euros). Tamén se incorporan ao catálogo múltiples minis, PSone Clásicos (entre os que destacan Final Fantasy VI e Parasite Eve 2), demos e contidos descargables.

PUBLICIDADE