Vodafone venderá en Europa o HTC Magic

luns, 16 de febreiro do 2009

Confírmanse os rumores, e mentres Telefónica achegará a España o móbil con Android HTC Dream (tamén coñecido coma HTC G1) Vodafone fará o propio co HTC Magic (HTC G2), que sería unha revisión do mesmo terminal, que compartiría case todas as súas prestacións (Wi-Fi, GPS, HSPA, cámara de 3,2 Mpíxeles e pantalla táctil de 3,2 polgadas) pero prescindindo do teclado QWERTY, o que lle permite reducir o seu grosor e peso, adaptándose a un tipo de usuario distinto (que se conforma cun teclado virtual para a introdución de texto).

PUBLICIDADE