Vodafone trae a España o Samsung Galaxy S10 5G
xoves, 18 de xullo do 2019
O
smartphone que segundo DxOMark conta
coas mellores cámaras do mercado, o Samsung Galaxy S10 5G, chega
finalmente a España para poder tirar proveito da rede 5G que está a explotar
comercialmente Vodafone nalgunhas cidades entre as que figuran as galegas Vigo
e A Coruña.
Este móbil non só serÃa o terminal insignia de Samsung máis avanzado en
conectividade, como ben indica o seu nome, senón que tamén ten magnÃficas
prestacións en todos os demais apartados, cunha pantalla Dynamic AMOLED de 6,7
polgadas (compatible con HDR10+), seis cámaras (incluÃndo unha cámara de
profundidade 3D) e incluso a baterÃa de maior capacidade da súa gama (4.500 mAh)
que incluso soporta carga rápida a 25 watts.
Sen dúbida, un smartphone de elevadÃsimas prestacións, que busca asà poder
tirar un maior proveito das altas velocidades que conseguen as redes 5G que,
aÃnda que estean lonxe de ser unha realidade no noso dÃa a dÃa, comezan a
explotarse comercialmente, polo que precisan de smartphones compatibles para
iniciar o seu uso.
Vodafone
comercializa o Samsung Galaxy S10 5G con 256 GB de capacidade de almacenamento
a un prezo de entre 1.079,63 e 1.296 euros ao contado, facilitando tamén a súa
compra a prazos.