Vodafone será o provedor preferente da PS Vita 3G en España

luns, 21 de novembro do 2011 Marcus Fernández

Quen opte por Vodafone como provedor de acceso de banda larga móbil para a PS Vita poderá descargar de balde o xogo WipEout 2048

Sony Computer Entertainment Europe (SCEE) e Vodafone veñen de anunciar un acordo de colaboración que converte ao operador de telefonía en provedor con preferencia para dar servizo á conexión 3G da PlayStation Vita inicialmente en Reino Unido, Italia, Alemaña, Portugal, Australia, Nova Celandia, Países Baixos e España (en Francia será SFR, socio de Vodafone, quen ofrecerá o servizo).
Deste xeito temos garantida a distribución do modelo 3G da PS Vita en España, que custará 299 euros e incluirá unha tarxeta SIM de Vodafone para facilitar que os usuarios poidan gozar da experiencia de xogo social portátil tras a compra da consola portátil de Sony que sairá á venda o vindeiro 22 de febreiro. A distribución vía web e en tendas será responsabilidade de Vodafone, e os clientes que opten por conectar a súa consola coa tarxeta SIM subministrada recibirán un vale de descarga para obter o xogo WipEout 2048 da PlayStation Store.

PUBLICIDADE