Vodafone proba a tecnoloxía HSPA en 18 cidades españolas

xoves, 10 de maio do 2007

O operador de telefonía móbil Vodafone, vén de anunciar o inicio das probas da nova tecnoloxía de HSPA en 18 cidades españolas dende hoxe mesmo (10 de maio).
Esta tecnoloxía, que xa cubre toda a Rede de tercera xeración de Vodafone, permite enviar datos a unha velocidade de 1,4 megas fronte ós 384 Kilobites actuais.
Aínda que polo de agora só participan no proxecto piloto Ciudad Real, Toledo, Albacete, Cuenca, Móstoles, Alarcón, Parla, Pinto, Valdemoro, Fuenlabrada, Getafe, Pamplona, Teruel, Huesca, Castellón, Gandía, Sagunto e Salamanca, cedo estenderase ás cidades máis importantes como Barcelona, Sevilla ou Madrid e de aí cara ó resto de toda a Rede de terceira xeración.

PUBLICIDADE