Vodafone ofrecerá fibra óptica simétrica a partires do día 9

luns, 7 de decembro do 2015 Marcus Fernández

Nos últimos meses a banda larga está a acelerarse no Estado por mor do incremento de infraestruturas de fibra óptica que permiten unhas mellores conexións e mellores servizos que están chamados a gañar versatilidade grazas a posibilidades como as conexións simétricas, que equipararían as conexións a través da Internet ao que son boa parte das conexións de rede local, de aí que crease grande expectación o feito de que Luis Miguel Gulpérez, presidente de Telefónica, anunciase que en poucos meses ían ofrecer conexións de fibra óptica de 300 Mbps simétros (ou sexa, que multiplicarían por 10 a velocidade de subida) pero outro dos grandes operadores vai adiantárselle, e Vodafone estreará novas velocidades de acceso á Rede a través de fibra óptica o vindeiro mércores, de xeito que gozarán de conexións simétricas sen custo adicional.
As novas conexións simétricas de Vodafone serán só aplicables a clientes con FTTH, ou sexa, os que teñen a fibra óptica de Vodafone (e non os que están aínda co cable de ONO).
Actualmente Jazztel xa ofrece conexións de fibra óptica a 200 Mbps simétricos e Orange a 300 Mbps simétricos, de xeito que coa chegada de Vodafone obrigaríase a Movistar a acelerar a implantación da nova velocidade de querer conservar unha oferta competitiva, mentres que compañías como R, que aínda están a renovar este mes as súas tarifas, ven como a súa última suba de velocidade é claramente insuficiente para pórse á altura dos grandes operadores.

PUBLICIDADE