Vodafone mellorará a súa banda larga móbil en Vigo e A Coruña

martes, 16 de febreiro do 2010 Marcus Fernández

Presentación do proxecto piloto de Vodafone en San Quirze del Vallés

Vodafone continúa a súa aposta pola banda larga móbil, e anuncia que vai ampliar a súa cobertura de HSPA+ (conexión que permite velocidades de descarga de ata 21,8 Mbps) chegando a 31 novas cidades entre as que están A Coruña e Vigo, de xeito que os usuarios que estean en tales poboacións incluso poderían pensar en utilizar este tipo de conexión como alternativa á banda larga fixa e, de feito, nesta mesma liña Vodafone vai emprender unha experiencia piloto en San Quirze del Vallés, vila na que despregarán unha rede HSPA (ata 10,8 Mbps reais) e ofrecerá a máis dun cento de fogares modems 3G HSPA e bases Wi-Fi en lugar dos routers ADSL convencionais, para medir o seu grado de satisfacción, volumes de descarga e velocidade real de velocidade de subida e baixada de datos durante 6 meses.

PUBLICIDADE