Vodafone lanza o seu segundo Reto 5G

venres, 19 de xuño do 2020 S. P.

A operadora de telecomunicacións Vodafone anunciou finalmente o reinicio do seu Reto 5G, unha proposta xeral da empresas para promover servizos, produtos e proxectos de innovación para empresas e particulares que empreguen o devandito estándar móbil. Dito doutro xeito: trátase de mobilizar contribucións tecnolóxicas que “liquiden problemas de amplo impacto” a través do uso da dita tecnoloxía ou que “fagan un uso diferencial dela”. Na primeira edición do desafío chegaron á final 14 proxectos.
Vodafone lanzou esta iniciativa en primicia nun acto online en colaboración con Android Platform Partnerships, Google for Startups e Madrid Android Developer Group. O obxectivo é “chegar a un gran número de comunidades, startups e desenvolvedores”.
Como novidade e debido á situación de crise sanitaria que obrigou a reformular a metodoloxía e os tempos da convocatoria, esta estará mantida no tempo, polo que non contará cunha final coma na edición anterior, senón que un xurado de expertos seleccionará ao longo dos vindeiros meses os mellores proxectos segundo criterios de innovación, impacto e viabilidade dos mesmos en dúas categorías:
· Premio á mellor solución de particulares
· Premio á mellor solución de empresas
Os galardóns inclúen “desenvolver a solución na rede piloto 5G de Vodafone”, unha chea de “alternativas de difusión do proxecto nas canles de Vodafone” e a” posibilidade de crear un modelo de negocio conxunto”.
Os participantes poderán presentar os seus proxectos na páxina web de Vodafone en distintos formatos, abríndose o certame a calquera sector.

PUBLICIDADE