Vodafone comercializa unha alternativa ó ADSL mediante tecnoloxÃa 3G
mércores, 15 de novembro do 2006
Os responsables da filial española de Vodafone presentaron os seus resultados económicos do primeiro semestre do seu exercicio fiscal (que rematou o 30 de setembro) destacando o crecemento do sector da telefonÃa móbil de terceira xeración.
AÃnda que as chamadas de voz seguen a ser o principal servizo da compañÃa, os servizos baseados en tecnoloxÃa 3G están cobrando moita importancia grazas ó pulo dos servizos de datos.
Esta información vén a xustificar o recente lanzamento do servizo Navega y Habla, que é a alternativa ó ADSL que presenta Vodafone, de xeito que, sen contar cunha liña de telefonÃa fixa, os usuarios poden conectar ó seu ordenador un módem Mobile Connect USB que lles permite acceder á Rede dende case calquera lugar por 49 euros/mes (incluÃndo chamadas de voz de balde a calquera teléfono fixo dende o móbil Vodafone, cun tope de 1.000 minutos/mes).
O servizo de datos emprega tecnoloxÃa de banda larga HSDPA que permite unha velocidade de ata 3,6 Mbps, o que superarÃa á meirande parte das conexións ADSL do mercado, polo que supón unha opción moi interesante para os usuarios que queiran contar cun acceso á Rede realmente móbil.
As tarifas de Navega y Habla son realmente innovadoras, pois por 49 euros/mes permiten unha conexión a 1 Mbps cun lÃmite de 1 Gb de transferencia/mes tralo que a velocidade pasarÃa a ser de 128 Kbps, pero que no caso da Tarifa Plana 3G Premium resulta aÃnda máis impresionante, xa que prometen unha conexión de 3,6 Mbps que aÃnda que nun principio terÃa un lÃmite de descarga de 5 Gb, non limitarÃa a velocidade de acceso unha vez superada tal transferencia de datos.