Vodafone España lanza tarifas a un céntimo o minuto entre móbiles da mesma compañía

venres, 1 de xuño do 2007

Segundo informa a axencia EFE, Vodafone España ofrece, dende hoxe día 1 de xuño, o novo Contrato 1, mediante o cal, establece en un céntimo de euro o minuto de chamadas a outros clientes do mesmo operador; mentres que, por outra banda, a tarifa para chamadas a outros operadores será de 35 céntimos de euro as 24 horas do día tódolos días da semana.
O consumo mínimo mensual deste novo contrato será de nove euros ó que lle haberá que engadir o IVE e máis 15 céntimos polo establecemento de chamada.
Estas novas tarifas están dispoñibles, sen costo algún de alta, tanto para os clientes de contrato de Vodafone como para aqueles que proveñan doutras operadoras.

PUBLICIDADE