Vigo celebrará un encontro para afeccionados ao manganime e aos videoxogos

luns, 11 de xullo do 2016 Marcus Fernández

Os afeccionados á cultura xaponesa (manga e anime) e aos videoxogos da cidade de Vigo gozar das súas afeccións tamén durante o verán, polo que organizaron un evento para a vindeira fin de semana, Viman-GO, que durante dous días contará con concursos, torneos de videoxogos e xogos de cartas, expositores comerciais e outras actividades que se desenvolverán en VigoSónico (na Estrada do Portal.
Este encontro con entrada de balde contará con xogos de mesa dispoñibles para o seu uso durante ambas xornadas, así como a posibilidade de gozar de partidas de Softcombat durante todo o domingo, futbolín de balde e combates, torneo, sorteos e proba de Monster Hunter Generations durante todo o evento, mentres que o resto de actividades distribuiranse conforme ao seguinte programa:

SÁBADO

16:30 – Apertura de portas e apertura do evento
16:45 – Inicio do concurso de debuxo
16:45 – Presentación de Monster Hunter Generations
17:15 – Inicio da GymKhana
17:30 – Inicio do Torneo de Pokémon 3DS
18:00 – Inicio do Torneo de Pokémon TCG
18:30 – Inicio do Torneo de Clash Royale
19:00 – Concurso de canto
19:30 – Trivial de videoxogos
20:00 – Entrega de premios

DOMINGO

16:30 – Apertura de portas
16:45 – Inicio da GymKhana
16:45 – Charla de Softcombat
17:30 – Torneo de Super Smash Bros
17:30 – Adiviña a personaxe de anime
18:00 – Torneo de Magic
18:30 – Charla: Canto custa facer un cosplay?
19:00 – Concurso de cosplay
19:00 – Fin do concurso de debuxo
19:30 – Trivial de animes
20:00 – Entrega de premios

PUBLICIDADE