Verónica Bolón imparte na Real Academia de Ciencias de España unha conferencia sobre IA
xoves, 20 de abril do 2023
A profesora da Facultade de Informática da
Universidade da Coruña e investigadora do CITIC (UDC) Verónica
Bolón Canedo impartirá na tarde deste xoves 20 de abril, ás 18:30
horas, a conferencia Intelixencia Artificial: pasado, presente e
futuro, na Real Academia de Ciencias Exactas, FÃsicas y
Naturales de España.
Ao finalizar o acto, ao que asistirá o reitor da
UDC, Julio Abalde, a RAC entregará a Bolón Canedo o diploma
acreditativo de membro desta Corporación. Verónica Bolón Canedo é
profesora do departamento de Ciencias da Computación e TecnoloxÃas
da Información, da área de Ciencia da Computación e Intelixencia
Artificial. Forma parte do grupo de investigación Laboratorio de
Investigación e Desenvolvemento en Intelixencia Artificial (LIDIA).